Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Realizaránse titorías específicas co alumnado, individualmente ou en pequeno grupo, co fin orientar adecuadamente a realización das actividades e traballos tutelados propostos e clarificar posibles dúbidas xurdidas durante o seu desenvolvemento. Ademais, programaranse reunións, en grupo reducido ou individualmente, co alumnado que non acuda ao 80% das sesións e teña recoñecida a dedicación a tempo parcial e dispensa académica que lles exime da asistencia a clase, con obxecto de realizar unha adecuada orientación e aclarar dúbidas sobre os traballos tutelados, tarefas e sobre o marco teórico e práctico da materia.
.