Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Proxectos de innovación e investigación educativa en educación física | Código | 652603E1I3 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 2 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral por parte do docente, dos contidos da materia relacionados cos proxectos de innovación e a investigación. Isto complementarase con infografías e vídeos, ao tempo que se buscará a implicación do alumnado a través das preguntas e o debate, de forma que se favoreza a reflexión e o pensamento crítico. |
Traballos tutelados | Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse un proxecto innovador de Educación Física, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase en grupos. O docente especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados. |
Aprendizaxe colaborativa | Traballarase na aula, a través de pequenos grupos nos que o alumnado traballará conxuntamente na resolución de tarefas asignadas pola profesora para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo. |
Presentación oral | Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Discusión dirixida | Promoveranse actividades de debate sobre diferentes aspectos do temario, nas que se contrastarán as idas e opinións de todo o alumnado e tratarase de buscar puntos de consenso. |
Práctica de actividade física | Realizaranse sesións de actividade física para poñer en práctica os coñecementos teóricos sobre propostas innovadoras en Educación Física. |
Análise de fontes documentais | Utilizaranse diversos documentos audiovisuais e bibliográficos relevantes para a temática da materia e que co seu análise aportarán coñecementos e contribuirán o desenvolvemento das competencias marcadas para a mesma. |