Metodoloxías
Portafolios do alumno
Simulación
Descrición
Se precisará un seguimento persoal do traballo desenrolado no marco do portafolios xa que será unha peza clave na avaliación final.
Así mesmo, se traballará de xeito directo cos pequenos grupos que se formen para desenvover os traballos propostos.
Como mecanismos de atención personalizada ao alumnado, se empregará preferentemente o Campus Virtual e a plataforma de teleformación Microsoft Teams.

O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polo docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.