Metodoloxías Descrición
Saídas de campo Achegar ao alumnado á realidade do ensino para ir configurando unha visión propia, fundamentada e vivida do centro e da aula. Observación e intervencións puntuais co apoio e supervisión do titor do centro. Deseño de polo menos unha proposta didáctica da etapa.
Traballos tutelados Realización da memoria. Elaboración dun informe por escrito para ser valorado polo titor ou titora da Universidade. A extensión será de 40 páxinas máximo e 25 páxinas mínimo en DIN A4, en arial 11 a duplo espazo, e sen considerar os posibles anexos. É obrigado entregar o traballo definitivo mediante a Secretaría Virtual e a App, en formato PDF, nos prazos establecidos.