Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
A atención personalizada está vinculada, principalmente, ao estudo de caso. A súa finalidade e facer un seguimento do traballo do alumnado e proporcionar as orientacións necesarias para a súa realización, poñendo en xogo unha avaliación procesual e formativa.


O alumnado con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual e terá atención personalizada no horario de titorías a través de TEAMS. É obrigatoria a asistencia dúas titorias, a primeira para explicar e resolver dúbidas sobre as tarefas a realizar e a segunda para o seguimento das tarefas propostas.