Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Presentación oral
Descrición
A profesora atenderá persoalmente, e tamén por correo electónico, as dúbidas que os alumnos e alumnas podan ter. Asemade, dirixirá dun xeito persoal as prácticas coas TICs. Igualmente, deberá exercer atención personalizada no traballo grupal na aula e no estudo documental o de casos concretos que integran o programa.

O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polo docente, e, como todo alumnado, recibirá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.