Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
-O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polo docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.

-O profesorado atenderá as dúbidas que xurdan na materia, así como o seguimento dos traballos indicados.
Debido ás características da materia, as orientacións do profesorado realizaranse na propia clase, por medio da rede ou en horario de titorías. A atención será tanto individual como en grupos reducidos.