Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A13 C1 C4 Proba escrita en que haberá que relacionar de maneira crítica e con argumentos madurecidos un texto proposto con aspectos teórico-prácticos vistos nas sesións presenciais. 30
Estudo de casos A13 Traballo crítico con supostos prácticos, individual ou grupalmente. 30
Foro virtual A13 C1 C4 Participación através do Moodle na construción do glosario, nas discusións dirixidas asíncronas e na achega de ligazóns de interese.
No caso de que esta metodoloxía fose adaptada, a súa porcentaxe na avaliación será asumida polos estudos de caso e a proba de ensaio.
30
Lecturas A13 Elaboración de informes de lectura segundo as pautas fornecidas polo docente e achega de comentarios aos informes das/dos compañeiras/os. 10
 
Observacións avaliación

Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en
relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección
ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames
realizados como condición imprescindible para superar a materia.

Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e que pendurará na plataforma Moodle.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co profesor. Este alumnado deberá realizar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Para superar a materia, será condición indispensábel ter realizado os estudos de casos e obter unha cualificación mínima de 4 valores sobre 10 na proba obxectiva.

As persoas que non asistiren ao 80% das sesións presenciais, deberán realizar todas as actividades individualmente para poderen ser avaliadas.

As persoas que se presentaren á segunda oportunidade (xullo) ou á convocatoria adiantada (decembro) deberán entregar, antes da data marcada aos efectos de avaliación pola Facultade de Educación, os traballos que non tiveren superados, ben como realizar a proba de ensaio (caso non ter atinxido 4 valores sobre 10 na primeira oportunidade ou non a ter realizado).

Será considerado NON PRESENTADA aquela persoa que non realizar os estudos de casos e a proba obxectiva.

NORMAS ESPECÍFICAS DE AVALIACIÓN PARA ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DISPENSA ACADÉMICA

Segundo o establecido na " Norma que regula o réxime de dedicación ao esetudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na Universidade da Coruña (aprobado polo Consello Social do 04/05/2017), o estudantado con recoñecemento de dispensa académica:

 i.         Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non for posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle sexa concedido o recoñecemento.  

ii.         Terá que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase o exercicio considerarase non realizado. No caso de se tratar dun exercicio de realización obrigatoria, o/a estudante será cualificado como NON PRESENTADO/A

iii.         A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes, na segunda oportunidade deberán repetir todas as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba) na primeira oportunidade. Se se suspender algunha actividade a cualificación final será a media ponderada das actividades, sempre que esta non supere o 4; de a media ser superior a 4 valores sobre 10, a cualificación final nesa convocatoria será de 4.

------------

Os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio e/ou presentación do mesmo exercicio en varias materias. Caso se producir algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e poderanse activar as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.


A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación

, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria na que se cometa: o/a estudante será cualificado con “Suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade coma na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, si for necesario. 


------------

Perspectiva de xénero

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) 

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.