Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica/652G01029

Materias que continúan o temario

Observacións

Os traballos asociados aos seminarios entregaranse, cando fosen requeridos, en presentación tipo Power Point, e non impresos, a fin de colaborar cunha Universidade respectuosa co medio ambiente e en favor dos criterios de sostibidade. Poderanse entregar materiais didácticos elaborados complementarmente, en caso de se estimar oportuno.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.