Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase ao inicio de cada unidade temática, ou cando através do seguimento do traballo de aula e individual, se perciba a necesidade de aclarar ou introducir conceptos esenciais ou novidosos
Estudo de casos A través de casos reais ou supostos estudaranse especialmente os temas relacionados coas distintas discapacidades
Lecturas Indicaranse na aula as que teñen caracter obrigatorio e as que teñen un caracter opcional
Aprendizaxe colaborativa Procederemos en dous sentidos:
-En equipos terán que facer unha proposta de intervención na aula dende unha perspectiva inclusiva
-Terán que poñerse en contacto con persoas da comunidade educativa para coñecer cómo contribúen no desenvolvemento de prácticas educativas dende unha perspectiva colaborativa
Traballos tutelados En equipos de 3 ou 4 se deseñará unha proposta educativa seguindo do Deseño Universal de Aprendizaxe -DUA-.
Proba de resposta múltiple Se realizarán actividades encamiñadas a poder dar resposta ao proceso de avaliación
Portafolios do alumno O alumnado terá que realizar unha recolleita dos contidos elaborados na aula para a partir de aí, analizalos, interpretados e enriquecer as opinións propias coas achegas dos autores propostos na bibliografía aduxntada ou outros autores lidos polo alumnado