Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A13 B1 B2 B4 B5 B7 B9 C4 C5 C6 Exame escrito con preguntas conceptuais e problemas. 70
Solución de problemas A13 B1 B2 B4 B5 B7 B9 C4 C5 C6 Ao longo do curso, en dúas ocasións propoñerase un problema ao principio da clase, e recollerase ao final, puntuándose cun máximo dun punto na primeira ocasión, e cun máximo de dous puntos na segunda ocasión. 30
 
Observacións avaliación

O sistema de avaliación será o mesmo na primeira e na segunda oportunidade. Con todo, se o estudante non realizou os exercicios puntuables durante o curso, o 100% da avaliación será a proba mixta. Na convocatoria adiantada, o 100% da avaliación será a proba mixta.

No caso de estudantes con dispensa académica e a tempo parcial, o 100% da avaliación será a proba mixta, para evitar que o estudante teña que acudir a clase durante o curso. Isto é válido tanto para a primeira como para a segunda oportunidade.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.