Metodoloxías
Proba mixta
Sesión maxistral
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Recoméndase a cada estudante que acuda ás titorías para recibir unha orientación personalizada sobre os métodos de resolución dos problemas, dificultades, dúbidas, etc., así como nos conceptos desenvolvidos nas clases maxistrais e todas as dúbidas que poida atopar na preparación das probas de avaliación.
No traballo tutelado existe o deber de asistir a un mínimo de horas de orientación-titorización que teñen como obxecto definir o contido do traballo e o seu alcance, así como comprobar o progreso do mesmo.
A atención personalizada levarse a cabo nas horas de titorías (6h/semana) publicado na web da UDC.
Quen teña dispensa académica poderá solicitar a atención personalizada nun horario diferente ao publicado na web da UDC.