Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas B25 B26 B27 B36 C11 Propoñeranse casos e exercicios que serán desenvoltos polos estudantes ca titorización dos docentes. 7.5
Estudo de casos A79 A80 B39 C14 C15 Presentación de situacións prácticas, e información que axude a desenrolar e a asimilar os contidos da materia 7.5
Traballos tutelados A77 A79 A80 B25 B26 B39 C16 Proporase unha temática ao inicio do cuatrimestre para realizar un traballo de curso 7.5
Obradoiro A79 B37 C11 C14 C15 Valorarase a participación nos obradoiros que se desenvolvan en relación cos contidos de Desigualdades en Saúde 10
Proba obxectiva A77 B24 B25 B26 B27 B34 B35 B36 B37 B38 B39 C11 C14 C15 C16 Proba tipo test sobre os contidos da asignatura. Realizaranse dúas probas independentes sobre os contidos dos bloques de Psicoloxía e Saúde Pública 67.5
 
Observacións avaliación

A materia PSICOLOXÍA
APLICADA E SAÚDE
consta de 3 BLOQUES:

-      PSICOLOXÍA (4 ECTs)

-      SAÚDE PÚBLICA (1,5 ECTs)

-      DESIGUALDADES EN
SAÚDE
(0,5 ECTs)


AVALIACIÓN EN 1ª OPORTUNIDADE

As diferentes partes da materia serán cualificadas
de forma independente
, obtendo en cada unha delas unha puntuación entre 0 e
10 puntos.

¡¡¡IMPORTANTE!!! Para superar a
materia é necesario superar tanto a parte de Psicoloxía como a de Saúde
Pública
, de acordo cos criterios establecidos polo/a profesor/a
correspondente, así como participar nos obradoiros relativos ós contidos de
Desigualdades en Saúde
.

No caso de que non se supere unha das partes, a nota que
figurará na acta será a cualificación obtida tras a ponderación de cada
parte, si esta é inferior a 5 puntos; en outro caso a nota que figurará
será de 4.

A cualificación final da materia calcularase ponderando
a cualificación obtida en cada unha das tres partes, segundo as seguintes
porcentaxes:

Nota final = 0,6 x Nota
Psicoloxía + 0,3 x Nota Saúde Pública + 0,1 x Nota Desigualdades Saúde

Por limitacións da plataforma, o contido deste
apartado é orientativo. Nos primeiros días de clase cada profesor/a comentará como
se realizará a avaliación de cada parte parte.

 

Criterios de avaliación para as unidades didácticas de
Psicoloxía

A cualificación final da parte da materia que
corresponde a contidos de Psicoloxía calcularase segundo as seguintes
porcentaxes:

Proba test (75%): Para superar o bloque
de Psicoloxía, será imprescindible superar o test, cun mínimo de 5 puntos sobre
10.

Estudios de casos
(12,5%)

Traballos tutelados
(12,5%)

 

Criterios de avaliación para as unidades didácticas de
Saúde Pública

A cualificación deste bloque calcularase segundo as
seguintes porcentaxes:

Proba test (75%): Realizarase unha
proba obxectiva na data oficial do exame da materia. A proba constará de
preguntas tipo test relacionadas cos contidos teóricos, as lecturas propostas e
os problemas expostos no desenvolvemento da materia.

-  Solución de problemas
(25%):
formulación aos alumnos de casos prácticos que deben
resolver facendo uso dos coñecementos teóricos que se traballan na materia, e
cuxa entrega será puntuable nos casos nos que así se indique.

A puntuación mínima
para superar esta parte da materia será de 5 puntos, sendo imprescindible obter
3 puntos ou máis na proba test. En caso de non superarse esta cualificación, a nota deste bloque da materia corresponderá á da proba obxectiva.

 

Criterios de avaliación para as unidades didácticas de
Desigualdades en Saúde

A cualificación desta parte da materia corresponderá á
participación nos obradoiros que se realizarán sobre os contidos desenvolvidos.

 

2ª OPORTUNIDADE

O sistema de avaliación descrito será o mesmo en 1ª e 2ª oportunidade. Na
2ª oportunidade manteranse aprobadas as partes que se teñan superadas na 1ª
oportunidade dentro da mesma convocatoria.

Para o bloque de Saúde Pública, as/os alumnas/os
de segunda oportunidade poderán elixir o sistema de avaliación descrito para a
primeira oportunidade (sempre que entregasen en prazo as actividades académicas
deseñadas para ese curso académico) ou a avaliación mediante un exame único que
representará o 100% da nota final desta parte da materia.

 

2ª MATRÍCULA E SUCESIVAS

En segunda e sucesivas matrículas non computarán as
cualificacións dos cursos anteriores
. O sistema de avaliación descrito
será o mesmo que para a estudantes de 1ª convocatoria.

 

MATRÍCULA DE HONRA

Poderán optar á cualificación de Matrícula de Honra
aqueles/as alumnos/as coas cualificacións máis elevadas que obteñan unha nota
final por encima de 9. Os docentes da materia poderán considerar criterios adicionais
en caso de igualdade de condicións e habendo máis aspirantes que matrículas.

 

NON PRESENTADO

A cualificación de Non Presentado corresponderá ao estudante que non se
presente a ningunha das probas test programadas na parte de Psicoloxía ou na
parte de Saúde Pública.

 

MATRÍCULA PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA

As/os/ alumnas/os de matrícula parcial ou dispensa
académica de asistencia deberán poñerse en contacto cos docentes responsables
da materia ao comezo do curso. O sistema de avaliación será o mesmo que o
descrito anteriormente.

 

OPORTUNIDADE ADIANTADA

Os/As alumnos/as deberán
examinarse por escrito a través dun exame, en cada unha das partes que consta a materia, que se corresponderá coas datas
oficiais aprobadas en Xunta de Facultade



FRAUDE

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

 

SICUE, ERASMUS e BILATERAL

O alumnado nesta situación deberá poñerse en contacto cos
docentes ao comezo das distintas partes da materia. Deberán realizar a
avaliación continua no tempo e forma que se lles solicite para ser avaliados. O
sistema de avaliación é igual ao descrito en matrícula ordinaria.