Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas B2 B4 B5 B7 B8 B9 B10 B12 C3 C7 C9 Resolución de problemas de carácter práctico. 20
Prácticas a través de TIC B2 B4 B5 B7 B12 C3 C7 C8 Resolución de problemas de carácter práctico empregando o linguaxe de programación Python 20
Proba mixta A3 B2 B6 B7 B9 Proba que inclúe a resolución de cuestións e problemas da materia
60
 
Observacións avaliación

A cualificación final da asignatura consta de tres partes:

  • Cualificación de prácticas a través de TIC (CP): entre 0 e 2 puntos

  • Cualificación de resolución de problemas (CR): entre 0 e 2 puntos

  • Cualificación da proba mixta (CE):

            1.- Se CP+CR é maior ou igual que 2 puntos, a cualificación da proba obxectiva (CE) será CE=10-(CP+CR).
            2.- Se CP+CR é menor que 2 puntos, a cualificación da proba obxectiva (CE) será CE=8-(CP+CR).

A cualificación final será a suma das tres partes CP + CR + CE, sempre
que a cualificación da proba obxectiva sexa maior que 2 (sobre 10
puntos). Noutro caso, a cualificación final será a nota obtida na proba
obxectiva, CE.

As cualificacións de prácticas a través de TIC (CR) e de resolución de problemas (CP) conservaranse na segunda oportunidade da evaluación.

Nas actas considerarase como "Non presentado" ao alumnado que non se presente á proba mixta final.

Observacións
sobre o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tiempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia”:  As medidas de atención
persoalizada específicas para o “Alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia” para o estudo da materia, a avaliación continua das
prácticas a través de TIC e da resolución de problemas realizarase
mediante probas parciais online.

Durante a realización das probas de avaliación, en
calquera de ambas oportunidades, agás que se
indique o contrario
, está prohibido o uso de cualquera dispositivo con
acceso a Internet
. Se durante a realización da proba práctica, hai indicios do
uso non autorizado deses dispositivos, @ estudante será expulsado da aula, e
procederase segundo a Ley 3/2022, de 24 de febrero, de convivencia
universitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC. 





A realización fraudulenta das probas e/ou actividades
implicará directamente a cualificación de suspenso
("0") na materia na convocatoria correspondente, invalidando
calquera cualificación obtida en tódalas actividades de cara á seguinte
oportunidade, de existir, dentro do mesmo curso académico. Considérase
fraudulenta a realización das actividades, propostas a ser completadas
presencialmente na aula, que se fagan dende fora da aula, prodedendo segundo a
Ley 3/2022, de 24 de febrero, de convivencia universitaria e o regulamento
disciplinar do estudantado da UDC.