Metodoloxías
Traballos tutelados
Solución de problemas
Obradoiro
Descrición
Durante as clases prácticas, nas que se afrontará a resolución de problemas relacionados coas competencias da materia, baixo a supervisión do profesor. Este contacto permitirá a atención personalizada ás dúbidas do alumno.

O alumno demostrará o seguimento efectivo da materia mediante a asistencia a tutorías nas que se controlará a evolución do desenvolvemento dos traballos propostos, aclararanse as dúbidas na realización dos exercicios propostos, e relacionaranse os contidos coa bibliografía básica e/ou complementaria.
Someterase a control a asistencia e a actividade desenvolvida.

Tamén se prestará atención personalizada vía o foro virtual do a páxina Moodle da materia, que permanecerá aberto durante o período lectivo, así como atendendo durante o horario de tutorías ás consultas formuladas por correo-e.