Descrición xeral |
Todo material co calificativo de educativo ou didáctico incorpora concepcións de qué é educar e de qué caracteriza a unha cidadanía educada, mais sen aludir claramente à explicita-lo dun modo detallado. Concepcións que implican xuiizos e valoracións sobre cómo é e deve ser o mundo, concepcións filosóficas, sociais, ideolóxicas, pedagóxicas e didácticas, polo tanto: unha seleción e organización da información que se presenta na aula, modelos da aprendizaxe adecuada, tipo de tarefas coas que se aprende, cómo organizar espazos e materiais, opcións sobre avaliación, roles do profesorado e do alunado, etc. A finalidade desta matéria é principalmente a de sacar à luz concepcións e modelos explícitos e ocultos e facilitar reflexións e valoracións críticas sobre a sua coeréncia e o seu valor educativo. |