A materia “Expresión corporal e adaptacións curriculares” forma parte dos estudios do Grao en Educación Primaria no módulo de “Educación Física”. Trátase dunha materia optativa da mención de Educación Física. Impártese no terceiro curso, é unha materia de 4,5 créditos, o que representa 112 horas de traballo do estudiante. Esta materia facilitará ao alumnado comprender a relevancia do traballo da expresión corporal no eido da educación integral do neno así como analizar os beneficios da súa práctica. Por outra banda coñecera as distintas adaptacións curriculares a realizar na Educación Física para o alumnado con diversidade funcional. O alumnado adquirirá unha serie de competencias para o deseño de propostas educativas de expresión corporal así como para confeccionar adaptacións curriculares individuais en nenos con N.E.E.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías