Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Economía Ambiental Código 610500107
Titulación
Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Iglesias Gomez, Guillermo
Correo electrónico
guillermo.iglesias@udc.es
Profesorado
Iglesias Gomez, Guillermo
Correo electrónico
guillermo.iglesias@udc.es
Web
Descrición xeral Introdúcense conceptos xerais de Economía para poder comprender a interacción co medio ambiente do sistema económico. Preséntanse as perspectivas microeconómicas e macroeconómicas para o estudo de cuestións medioambientais, dende os fallos de mercado ata o tratamento agregado de problemas globais como o cambio climático. Os paradigmas de sustentabilidade son presentados como referentes de acción social, política e económica. Trátase de xeito xeral a configuración dunha economía circular, tendo presentes marcos de análise como o ciclo de vida. Amósase o rol das políticas públicas medioambientais a través do establecemento de obxectivos, e o emprego de diferentes instrumentos económicos para a súa consecución. Estúdanse, principalmente, os impostos ambientais e os sistemas de negociación de permisos ambientais. No nivel agregado afóndase na necesidade de acordos globais de políticas. Na parte final, danse unhas nocións sobre ferramentas de valoración económica de aspectos ambientais debido a súa importancia para a análise integrada de aspectos ambientais e económicos, para a toma de decisións de política ambiental e tamén para definir o interese de proxectos de carácter ambiental.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías