É unha materia que mostrará o interese e a necesidade da análise medioambiental. Farase unha introdución aos principais contaminantes no medio ambiente, introducindo a normativa sectorial aplicable ás diferentes matrices ambientais. Aplicación de estratexias químico-analíticas nos estudos medioambientais para a determinación de contaminantes de diferente natureza nun amplo espectro de matrices ambientais. Farase fincapé na necesidade de empregar métodos validados polo que se presentarán as principais ferramentas para a validación dos métodos de análise ambiental.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías