A Química Inorgánica 3 é unha materia obrigatoria do primeiro semestre do terceiro curso do Grao en Química pertencente ao módulo "Química Inorgánica" e dedicada ao estudo dos compostos de coordinación e dos sólidos inorgánicos, tanto desde o punto de vista estrutural e do enlace, como do da reactividade dos primeiros. As competencias adquiridas nesta materia resultan indispensables para a materia "Química Inorgánica 4" xunto coa cal conforma a materia denominada "Ampliación de Química Inorgánica". Para o seu estudo é imprescindible ter ben asentadas as competencias asociadas ás Químicas Inorgánicas 1 e 2 do segundo curso e ás Químicas Físicas 1 e 2, tamén de segundo curso. Á súa vez, as competencias da materia "Ampliación de Química Inorgánica" son necesarias para abordar as materias "Química Inorgánica Avanzada" e "Ciencias de Materiais" do cuarto curso.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías