Os obxectivos desta materia obligatoria son presentar ós alumnos instrumentos de análise dos ciclos económicos, así como das principais teorías do crecemento económico a longo prazo. Os modelos que se lles presentan ós alumnos e alumnas permiten, por unha banda, a comprensión do comportamento a curto prazo dunha economía, en base ós diferentes modelos macroeconómicos de Oferta Agregada e Demanda Agregada. Deste xeito, pódese interpretar a coxuntura económica en base ás diferentes perturbacións de oferta e demanda, identificando os efectos temporais e permanentes das mesmas nos principais indicadores macroeconómicos. Por outra banda, os modelos de crecemento permitirán entender o comportamento a longo prazo da economía, e cómo esta se axusta dinámicamente ós diferentes equilibrios de longo prazo ante cambios nos determinantes do crecemento.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías