Pretendemos estudiar os aspectos máis centrais do funcionamento dos intermediarios financeiros, as funcións que realizan e as dificultades que poden aparecer no desempeño desas funcións. Con ese obxectivo en mente, esta materia proporciona unha especialización dos estudantes permitíndolles a aplicación das ferramentas analíticas e cuantitativas estudiadas nas materias do primeiro cuadrimestre do Máster. En concreto pretendemos:
-Entender as consecuencias da existencia de información asimétrica nos mercados financeiros.
-Entender o papel dos bancos para mitigar os efectos desfavorables da asimetría informacional nas transaccións financeiras.
-Estudiar como realizan os bancos a súa labor de intermediación financeira e os problemas que aparecen no desempeño desa labor: racionamento de crédito, pánicos e crises bancarias. Cales son as consecuencias para a actividade económica real.
-Analizar o papel da regulación para reducir a ameaza de aparición de quebras, pánicos bancarios, e crises financeiras.
-Analizar empiricamente a relevancia dos diferentes elementos que caracterizan a actividade bancaria, así como a eficacia regulatoria do sector público sobre o sector financeiro, tanto para o crecemento económico como para a aparición de ciclos e crises financeiras.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías