A Socioloxía Económica céntrase no estudo dos fenómenos económicos a través das referencias teóricas, modelos e variables explicativas propias da Socioloxía. De maneira específica, o curso centrarase no estudo da natureza das relacións sociais de índole económica, así como das institucións encargadas da produción, distribución e consumo de bens e servizos. Neste contexto, o obxetivo é, por unha banda, comprender os fundamentos epistemolóxicos e teóricos desta ciencia social e, por outro, promover a adquisición de criterios científicos, capacidade crítica e experiencia práctica, co fin de capacitar aos estudantes na comprensión e análise especializada da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías