O obxectivo básico da asignatura Políticas Económicas Sectoriais é o estudo dos fundamentos das políticas económicas sectoriais, das reformas estruturais e das políticas económicas de oferta. Con ese obxectivo, no desnvolvemento da materia estúdanse as implicacións sectoriais do proceso de formación da política económica e da regulación económica e analízanse as diferentes políticas sectoriais e de reformas estruturais dende unha perspectiva de política microeconómica. Ó longo do curso abórdanse tamén os elementos básicos das diferentes políticas económicas sectoriais horizontais e verticais, tanto dende un punto de vista teórico como dende unha perspectiva aplicada.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías