![]() ![]() |
||||||||||||||
Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura (*) | Historia Económica | Código | 611G02002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
Idioma |
|
|||||||||||||
Modalidade docente | Presencial | |||||||||||||
Prerrequisitos | ||||||||||||||
Departamento | Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información Computación Dereito Privado Dereito Público Economía Empresa Letras Matemáticas Socioloxía e Ciencias da Comunicación |
|||||||||||||
Coordinación |
|
Correo electrónico |
|
|||||||||||
Profesorado |
|
Correo electrónico |
|
|||||||||||
Web | ||||||||||||||
Descrición xeral | Esta materia pretende dous obxectivos primordiais. Por un lado, coñecer as transformacións económicas que conduciron ao mundo contemporáneo á situación actual. Partindo da preponderancia europea e occidental na economía mundial, buscamos as bases dese liderado, sen facer táboa rasa do resto do mundo. Por outro lado, analizar a evolución económica de España no longo prazo, tomando como punto de inicio as condicións determinadas pola crise do Antigo Réxime, para despois determinar o marco xeral do crecemento económico español contemporáneo. Desenvolvemos o temario baixo unha dobre perspectiva, cronolóxica e espacial. Para elo, analízase o impacto da expansión europea no resto do mundo durante os séculos modernos, na que España tivo un rol sobresaínte, aínda que con importantes contrastes, sobre todo de carácter rexional; as consecuencias da industrialización europea na economía internacional no século XIX, incluído o insuficiente impacto sobre a modernización da economía española; e, finalmente, as tensións dun século de globalización, o XX, que para España significou unha loita –non sempre exitosa– por achegarse aos ritmos socioeconómicos europeos. Así mesmo, pese ao contido xeneralista da materia, prestarase especial atención á análise da evolución da empresa nos dous últimos séculos, e ao estudo das relacións entre a empresa e o crecemento económico. | |||||||||||||
|
||||||||||||||
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías |