O estudo da economía mundial debe basearse na localización dos elementos esenciais que definen e identifican a realidade socio-económico que vai ser estudada. A economía internacional é concibida como un sistema interdependente no que o principal dinamismo xorde do centro capitalista, aínda que os seus efectos se espallan velozmente, hoxe en día, a todos os países do mundo. Xa que logo, débese comezar identificando as características estruturais do capitalismo, definindo, primeiro, as relacións económicas internacionais para, de seguida, conceptualizar a evolución desas relacións.
Unha vez dado ese paso e debido a que a realidade económica en estudo consta dunha chea de feitos, obxectos e relacións, é preciso un criterio previo de selección. Por tanto, a análise comeza coas economías capitalistas desenvolvidas, céntrase logo na periferia do sistema e, ao cabo, esténdese ao ámbito das relacións económicas internacionais.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías