Coa nosa materia pretendemos:
1. Incrementar a autoestima do estudando, facéndolle comprender todas as suas potencialidades.
2. Facilitar ao estudando o coñecemento e manexo das fontes xurídicas (normativas e xurisprudenciais) do Dereito do Traballo e da Seguridade Social sobre a dixitalización das relacións laborais e de protección de seguridade social.
3. Lograr que o estudantado teña fluidez no uso da terminoloxía xurídica inglesa asociada aos procesos de dixitalización das relacións laborais.
4. Profundizar na crítica do carácter inxusto da realidade socio-laboral actual ligada aos procesos de dixitalización das relacións laborais e de seguridade social.
5. Profundizar no uso dos contornos dixitais tanto das administracións laboral e de seguridade social como dos tribunais laborais.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías