O estudo da materia: Fontes e Dereitos; ten por obxectivo a formación do xurista nos aspectos crave do Dereito Público e algúns que comprenden todo o Dereito.
A Constitución é a norma fundamental do Estado e iso reflíctese en todas as disciplinas xurídicas, fronte ás que se sitúa nunha posición de predominio xerárquico e natureza basilar.
Obxectivo da formación constitucional é o estudo das fontes do dereito que a Constitución recolle e a propia natureza especial da Constitución como norma xurídica e fonte das fontes do Dereito.
Ademais, o Dereito Constitucional é o Dereito da forma democrática de organización estatal, cuxa normativa esencial se analizará neste cuadrimestre e no seguinte, a través da materia: Organización constitucional do Estado;.
O obxectivo fundamental no que radica este cuadrimestre sería a análise dos dereitos fundamentais que a Constitución recolle e as garantías normativas, xurisdicionais e institucionais dos mesmos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías