Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Prácticas en empresa Código 614502011
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Enxeñaría de Computadores
Matemáticas
Coordinación
Castro Castro, Paula Maria
Correo electrónico
paula.castro@udc.es
Profesorado
Castro Castro, Paula Maria
Dafonte Vazquez, Jose Carlos
Fernández Blanco, Enrique
Martin Santamaria, Maria Jose
Padron Gonzalez, Emilio Jose
Pedreira Fernández, Oscar
Pérez Sánchez, Beatriz
Vázquez Naya, José Manuel
Correo electrónico
paula.castro@udc.es
carlos.dafonte@udc.es
enrique.fernandez@udc.es
maria.martin.santamaria@udc.es
emilio.padron@udc.es
oscar.pedreira@udc.es
beatriz.perezs@udc.es
jose.manuel.vazquez.naya@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral A materia de Prácticas en Empresa (PE) cúrsase no terceiro cuadrimestre (Q3), que corresponde ao primeiro cuadrimestre do segundo curso. O seu obxectivo é completar a formación do mestrado con estadías nas entidades colaboradoras nas que experimentar o desenvolvemento da actividade profesional nun marco real. A Facultade de Informática (FIC) ten acordos con distintas empresas para a realización de prácticas curriculares. O desenvolvemento dunha PE implica: 1) O contacto da FIC con entidades colaboradoras e a dispoñibilidade destas para aceptar a estudantes do Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (MUEI) que realicen tarefas que poidan desenvolverse mediante a materia de PE. 2) Os contactos para definir as PE dun curso académico inícianse desde finais do curso anterior. 3) A formalización dun acordo entre a entidade colaboradora e a FIC, o que suporá a asignación da práctica a un/ha estudante. 4) A designación dunha persoa da entidade colaboradora que actuará como titor/a profesional do/a estudante supervisando o desenvolvemento efectivo das súas tarefas. 5) A designación dunha persoa da FIC coas funcións de titor/a académico/a que supervisará que o/a estudante realice o plan de formación determinado, recibirá os informes do/a titor/a profesional e do/a estudante, e avaliará o realizado polo/a estudante. 6) A definición dun plan de formación onde os/as titores/as da PE definan o alcance das actividades a realizar polo/a estudante. Existen unhas directrices específicas da FIC para ampliar e concretar o marco normativo da UDC: 1) Que a o/a estudante lle falten para finalizar os seus estudos 66 créditos, como máximo, incluíndo os correspondentes aos complementos formativos, se tivese que cursalos. 2) Que superase ou que se atope matriculado/a nas restantes materias, incluíndo tamén os complementos formativos se os tivera, agás, se é o caso, o TFM. En todo caso, se un/ha estudante está a traballar nunha empresa cabe a posibilidade de desenvolver a materia PE compaxinándoa co seu traballo, previa autorización da Vicerreitoría de Estudantes e, por suposto, sinatura do convenio. Os créditos de PE poden ser recoñecidos se se acreditan seis meses (180 días) de experiencia profesional relacionada coas competencias do mestrado e son posteriores á data de obtención do título que deu acceso ao mesmo. Os/As titores/as que aparecen na presente guía corresponden ao curso 2023/24.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías