O obxetivo da materia de Prácticas Externas (PE) é completar a formación do mestrado con estadías nas entidades colaboradoras nas que experimentar o desenvolvemento da actividade profesional nun marco real. A Facultade de Informática (FIC) ten acordos con distintas empresas para a realización de prácticas curriculares. O desenvolvemento dunha PE implica: 1) O contacto da FIC con entidades colaboradoras e a dispoñibilidade destas para aceptar a estudantes do Mestrado en Intelixencia Artificial que realicen tarefas que poidan desenvolverse mediante a materia de PE. 2) Os contactos para definir as PE dun curso académico inícianse desde finais do curso anterior. 3) A formalización dun acordo entre a entidade colaboradora e a FIC, o que suporá a asignación da práctica a un/ha estudante. 4) A designación dunha persoa da entidade colaboradora que actuará como titor/a profesional do/a estudante supervisando o desenvolvemento efectivo das súas tarefas. 5) A designación dunha persoa da FIC coas funcións de titor/a académico/a que supervisará que o/a estudante realice o plan de formación determinado, recibirá os informes do/a titor/a profesional e do/a estudante, e avaliará o realizado polo/a estudante. 6) A definición dun plan de formación onde os/as titores/as da PE definan o alcance do traballo a realizar polo/a estudante. Os créditos de PE poden ser recoñecidos se se acreditan catro meses (e un mínimo de 400 horas) de experiencia profesional relacionada coas competencias do mestrado e son posteriores á data de obtención do título que deu acceso ao mesmo.
As prácticas poden ser realizadas por estudantes a tempo completo que, no momento da solicitude, teñan superado un mínimo do 50% dos créditos (45 ECTS) do total da titulación. No caso de estudantes a tempo parcial, o mínimo requirido é do 25% (23 ECTS).
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías