Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Prácticas Externas Código 614552022
Titulación
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 15
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
,
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Os obxectivos principais das prácticas son: - Completar a formación do alumnado complementando de xeito práctico e autónomo a aprendizaxe teórica e guiada. - Promover unha primeira inclusión do alumnado no desenvolvemento práctico de perfís profesionais no marco da produción, xestión ou reflexión de contidos de matriz dixital relacionados co patrimonio cultural. - Permitir ao alumnado examinar as formas de aplicación práctica dos contidos recibidos durante o curso teórico da titulación en contornos de desenvolvemento laboral. - Fomentar o desenvolvemento tanto de contidos técnicos como de aplicación de contidos teóricos, así como de competencias persoais e metodolóxicas no ámbito laboral, así como de competencias participativas en ámbitos laborais comúns. - Promover as posibilidades e perspectivas de innovación e creatividade do alumnado, con vistas á súa futura inserción laboral, desenvolvemento de proxectos autónomos e emprendemento.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías