Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Computación na Nube para IoT Código 614557003
Titulación
Máster Universitario en Internet das Cousas - IoT
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Pardo Martínez, Xoán Carlos
Correo electrónico
xoan.pardo@udc.es
Profesorado
Pardo Martínez, Xoán Carlos
Correo electrónico
xoan.pardo@udc.es
Web
Descrición xeral Desde hai xa uns anos, a Computación na Nube (Cloud Computing) xurdiu como un paradigma de computación distribuída que revolucionou a maneira na que se proven e utilizan os recursos e servizos TIC. A concentración de recursos nos grandes centros de datos dos provedores, o alto grao de automatización e a dispoñibilidade de interfaces abertas accesíbeis a través de Internet, posibilita que os usuarios poidan aprovisionar e liberar os recursos que precisen, cando os precisen e desde calqueira lugar, tirando proveito da seguridade, flexibilidade, elasticidade, pago por uso, etc. que caracterizan ás ofertas de plataformas na nube. Pola súa banda, a Internet da Cousas (IoT) está a emerxer como un paradigma no que todo tipo de dispositivos físicos van estar conectados á Internet, sendo subceptíbeis de intercambiar información, actuar de maneira autónoma e intelixente, ou realizar accións conxuntas de maneira coordinada, independentemente da súa localización. A combinación da Computación na Nube e a IoT abre un mundo de posibilidades con numerosas aplicacións como as cidades intelixentes, a IoT industrial, a xestión intelixente da enerxía, os vehículos autónomos, etc. nas que as capacidades da nube para o almacenamento e análise das inxentes cantidades de datos xeradas polos dispositivos IoT son fundamentais, tanto para lles proporcionar capacidades melloradas e intelixencia aos dispositivos, como para xerar coñecemento útil que se incorpore aos sistemas de intelixencia de negocio para dar soporte á toma de decisións estratéxicas. Nesta materia introdúcense os conceptos básicos sobre a Computación na Nube e cal é o seu rol no ámbito da IoT. Estúdanse as principais plataformas IoT dispoñíbeis na nube, os servizos que proporcionan e analízanse os casos de uso máis relevantes nos que se utilizan.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías