Nesta materia revísanse as principais tecnoloxías para a xestión de datos, facendo especial fincapé nas bases de datos relacionais. Abordarase o deseño lóxico e o modelado conceptual de bases de datos. Revisarase o modelo relacional como base matemática para a representacion e xestión de datos, e trataremos aspectos relacionados co uso de ficheiros, índices, a xestión de transaccións, a concorrencia e a recuperación. Na parte práctica usarase a linguaxe SQL para manexar unha base de datos relacional.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías