Esta materia consta de dous módulos diferenciados. Na primeira parte da materia ou módulo I, preséntase ao estudantado os fundamentos das redes con fíos e sen fíos, coma o ancho de banda, resposta en frecuencia, modulación, etc. Tamén explicaranse algúns aspectos da capa física e MAC do estándar IEEE 802.11 de transmisión sen fíos.
Na segunda parte ou modulo II, introduce ao estudantado os conceptos básicos de deseño, despregue, operación e mantemento dun centro de proceso de datos (CPD). Inclúe os fundamentos de deseño de espazos físicos para a súa localización, ferramentas e técnicas de deseño de cableado, sistemas de alimentación eléctrica, climatización, control de acceso e sistemas de vixilancia. Tamén se abordan os virtualización da infraestructua do CPD, tanto de servidores como de clientes. Estúdiase a organización e operación tradicional dun CPD. Finalmente, abórdase o estudo da normativa e regramentos que afectan a este tipo de instalacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías