Nesta materia abórdase a área da aprendizaxe automática en contornas onde existe unha gran cantidade de datos a analizar. Neste contexto xorden certas problemáticas que fan que moitos dos sistemas de aprendizaxe clásicos non sexan directamente aplicables por motivos de complexidade computacional. A aprendizaxe automática a escala trata dous ámbitos de escalabilidade diferentes. A primeira é o adestramento dun modelo con grandes conxuntos de datos, que necesita as funcionalidades da escalabilidade sobre unha agrupación industrial de computadores para realizar o adestramento. O segundo céntrase na posta en operación do modelo adestrado de maneira que se poida escalar para cumprir as necesidades das aplicacións que o consomen.
Coa aprendizaxe automática a gran escala, o enfoque desprázase cara aos datos e a tarefa. O tempo dedicado á tarefa e os datos é significativo e, a miúdo, moito máis grande do previsto. O obxectivo desta materia é proporcionar unha visión clara sobre os conceptos do “Big Data” no ámbito da aprendizaxe automática.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías