Esta materia é unha introdución á programación, na que se ve como resolver problemas nunha linguaxe estruturada. Nela axúdase ao alumno para comprender os tipos e estruturas de datos básicos, ao mesmo tempo que sentan as bases para deseñar correctamente un algoritmo. E para asentar os coñecementos fundamentais da programación de forma máis rápida e óptima é necesario utilizar unha linguaxe que permita a posta en práctica dos coñecementos adquiridos e sirva de base para o bo desenvolvemento dun programador informático; utilizarase a Linguaxe de programación Python, tanto para as prácticas como para os exemplos teóricos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías