Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Redes Código 614G03013
Titulación
Grao en Intelixencia Artificial
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Álvarez González, Marco Antonio
Correo electrónico
marco.antonio.agonzalez@udc.es
Profesorado
Álvarez González, Marco Antonio
Fernández López-Vizcaíno, Manuel
Correo electrónico
marco.antonio.agonzalez@udc.es
manuel.fernandezl@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral A Intelixencia Artificial é unha disciplina na que se desenvolven multitude de sistemas que tentan imitar a intelixencia humana para desenvolver tarefas, pero ¿Como facer para obter e xestionar os datos cos que adestran? ¿Como facer para que diferentes sistemas comuníquense entre eles? ¿Como se poden despregar multitude de servizos con propósitos diferentes nunha mesma máquina? Esta materia aborda unha serie de conceptos básicos que son esenciais para entender a comunicación entre dispositivos e o bo funcionamento dos servizos software. Divídese en dous grandes bloques: un primeiro bloque que se centra en entender as comunicacións entre computadores e un segundo bloque no que se estudan as diferentes tecnoloxías de virtualización e cómputo na nube. No primeiro bloque, o alumnado aprenderá a deseñar, organizar e configurar redes de computadores. No segundo bloque, o alumnado aprenderá a montar, configurar e despregar unha aplicación nunha contorna virtualizada. Para realizar esta materia é necesario que o alumnado dispoña dos coñecementos básicos (obtidos en materias como Introdución aos computadores - 614G03012): que saiba que é un sistema operativo, como funcionan os compoñentes dun computador (procesador, memoria RAM, disco duro etc.)/ etc.), saber os comandos básicos para utilizar unha terminal Linux/Windows, coñecer e saber cambiar entre os sistemas decimal, binario e hexadecimal. O coñecemento adquirido nesta materia permitiralle ao alumnado crear e despregar os seus propios servizos para adestrar, probar e avaliar as diferentes técnicas de Intelixencia Artificial que verá noutras materias. Ademais, será capaz de crear as súas propias redes que permitan que os diferentes sistemas e servizos utilizados nunha contorna de traballo póidanse comunicar. Adquirirá unha base orientada cara ao mundo laboral con ferramentas moi demandadas na actualidade.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías