A materia aborda o estudo da Enxeñaría do Coñecemento, que se centra na aplicación dun enfoque sistemático, disciplinable e cuantificable ao desenvolvemento, operación e mantemento de sistemas baseados no coñecemento. En concreto, estudarase unha metodoloxía baseada na modelización do coñecemento, que presenta unha tendencia converxente coas técnicas de enxeñaría de software e que constitúe un estándar de facto en Europa. Tamén se estudarán diferentes técnicas para a adquisición de coñecementos de diversas fontes e en distintos formatos, así como a conceptualización dos coñecementos adquiridos. Estudaranse os métodos de avaliación dos sistemas desenvolvidos, así como as ferramentas que nos permiten implantar estes sistemas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías