| Descrición xeral |
A materia enfócase nas relacións entre sexo, xénero e sexualidade, conceptos atravesados á sua vez por unha diversidade de variables: idade, raza, discapacidade, etc. Revisamos elementos dos debates actuais sobre estes conceptos en contornas académicas e profesionais, explorando as súas implicacións para o activismo, as políticas públicas e a intervención sociocomunitaria dende a revisión de experiencias recentes no noso contexto. Propoñemos propostas de investigación e/ou intervención en varios contextos socioeducativos, partindo dos intereses e as experiencias do alumnado, facilitando sempre un marco teórico que permita a súa contextualización e xustificación. |