Con esta materia o estudantado poderá coñecer as formulacións teóricas e metodolóxicas avanzadas para o estudo empírico das realidades sociais complexas a través das técnicas cualitativas, prospectivas e participativas. Trátase dunha materia eminentemente técnica na que afondaremos na forma de producir e extraer datos de experiencias, testemuñas, prácticas e narrativas, entre outros. Percorreremos as técnicas máis comúns en investigación social cualitativa e indagaremos a un nivel avanzado nas fases e procesos a ter en conta dependendo dos escenarios e os suxeitos estudados.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías