Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Métodos e técnicas de Investigación social Código 615G01105
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Álvarez Sousa, Antonio
Correo electrónico
antonio.alvarez@udc.es
Profesorado
Álvarez Sousa, Antonio
Masso Lago, Matilde
Correo electrónico
antonio.alvarez@udc.es
m.masso@udc.es
Web http://www.udc.es/ucv
Descrición xeral A materia “Métodos e técnicas de investigación social” constitúe un curso de iniciación aos métodos e técnicas de análise de datos de carácter cualitativo. Diríxese especificamente a estudantes de Socioloxía para os que o coñecemento dos procedementos e técnicas de análise cualitativa é unha peza clave na súa formación e empregabilidade, así como na súa comprensión dos fundamentos empíricos do coñecemento sociolóxico. Do panorama das técnicas e procedementos de análise cualitativa, optei por seleccionar aqueles de maior interese para a investigación básica e aplicada en socioloxía. A investigación é unha práctica social que se define pola relación que se establece entre a teoría social e a realidade social, e a través da cal se constrúe o obxecto de estudo específico e as estratexias metodolóxicas coherentes que garanten un coñecemento rigoroso desta realidade. As técnicas de análise teñen carácter instrumental e están subordinadas a outras instancias –metodolóxicas, teóricas e epistemolóxicas– que as xustifican e orientan o seu uso. Falamos pois da necesidade de non disociar o coñecemento e o uso destes instrumentos dos obxectivos e contidos substantivos da investigación aos que deben adaptarse, é dicir, de considerar un método real guiado pola teoría.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías