Cal é o obxecto dunha historia das ideas políticas? Cal a relación entre as ideas desas minorías que quedan plasmadas en textos escritos, e as ideas da maioría da poboación, que en boa medida apóianse en textos orais ou de natureza audiovisual? Cal o papel que xogan os cambios nas tecnoloxías da información e a comunicación? Como se conxugan tradición e innovación no campo das ideas que gobernan a unha sociedade?
En cada unha das unidades temáticas, o estudo de textos e situacións de épocas pasadas serviranos de pretexto para abordar problemas similares que están presentes nas sociedades contemporáneas.
Cada época ou problema exemplificarase en cidades concretas. A fin de entender as implicacións que supoñen as circunstancias da época romana, medieval, moderna ou contemporánea, visitaremos cidades como Atenas, Roma, Xerusalén, Londres ou Gaza... dun xeito virtual, a través de audiovisuais, presentacións de powerpoint ou de aplicacións como Google Earth. Tamén realizaremos unha visita presencial a cidade da Coruña.
Nas catro últimas aulas presentaremos o proxecto de investigación que na actualidade coordinamos: “Protesta popular e violencia colectiva nas cidades españolas: A Guerra de Independencia”. Atenderemos a tres grandes cuestións: a loxística do traballo en equipo; a interdisciplinariedade e a pluralidade das metodoloxías; e a pertinencia da investigación para contribuír aos debates da teoría social.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías