A asignatura de Risco, Cultura e Medio Ambiente tenta cubrir un baleiro moi importante no plano de estudos do Grao en Socioloxía, é dicir, a preocupación da teoría sociolóxica máis recente polos fenómenos que están a estructurar as sociedades avanzadas. A partires dun afondamento na teoría sociolóxica sobre o risco e sobre a sociedade do risco, este curso ten como obxectivo presentar aos alumnos unha das áreas máis importantes da actual investigación sociolóxica. Baixo moi diferentes conceptualizacions, o que a nova teorización sociolóxica ven a cuestionar é o fundamento mesmo do seu propio traballo, isto é, a división eminentemente moderna entre os fenómenos da sociedade contra os fenómenos da natureza o, noutros termos, a cultura contra o medio ambiente.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías