O/A profesional da comunicación ten enormes posibilidades de desenvolvemento profesional non só nos medios de comunicación, senón tamén nos departamentos de comunicación das organizacións (tamén chamados gabinetes de comunicación).
As empresas e institucións necesitan cultivar as relacións cos seus públicos (externos, intermedios e internos) para mellorar a súa imaxe e a xestión da organización.
Na actualidade, os medios interactivos e audiovisuais teñen cada vez máis importancia e cómpre contar con profesionais que dominen todas as súas posibilidades expresivas.
Esta materia impártese en segundo curso de grao unha vez que se alcanzaron coñecementos básicos e se comeza a tomar contacto cos grandes campos profesionais da comunicación: o xornalismo, a publicidade, a ficción, os formatos de televisión e o deseño. Mantén unha especial relación coa materia Publicidade Audiovisual por compartir o código comunicativo da persuasión e coa materia de terceiro curso Análisie Audiovisual porque posúe un enfoque esencialmente práctico inseparable do efecto social de súa mensaxe, é dicir, a comunicación corporativa pretende obter un determinado efecto na súa audiencia sen o cal carece de sentido.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías