Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Traballo fin de grao Código 620G01041
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Morenilla Burlo, Luis
Correo electrónico
luis.morenilla@udc.es
Profesorado
Morenilla Burlo, Luis
Correo electrónico
luis.morenilla@udc.es
Web
Descrición xeral Realización dun traballo orientado á avaliación das competencias adquiridas no Grao. O programa desenvolvido da materia atópase na plataforma Moodle e na web da Facultade As seguintes directrices son de aplicación aos Traballos de Fin de Grao (en adiante, TFG) correspondentes ao Título de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (UDC). O TFG é unha materia de 6 créditos ECTS, de carácter obrigatorio, do segundo cuadrimestre de cuarto curso do vixente plano de estudos. O TFG consistirá na elaboración dunha planificación/programación/proxecto de intervención, o mais real posible, e preferentemente vinculado coas prácticas externas do alumnado (Prácticum). O TFG non é un traballo de investigación, salvo que o profesorado e o alumnado implicado desexen dar continuidade ao deseño de investigación presentado no proxecto de investigación do Prácticum, e que se corresponda con algunha temática presente nas Unidades de Competencia ofertadas. Consecuentemente, no suposto dunha investigación aplicada, poderá autorizarse pola Comisión do TFG (comisión constituida na Xunta de Facultade) a elaboración do TFG baixo este formato.   O TFG terá en conta os aspectos éticos e os dereitos fundamentais, de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, e os principios de igualdade de oportunidades e accesibilidade universal das persoas con discapacidade e os valores propios dunha cultura da paz e de valores democráticos
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías