Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Bases Anatómicas, Kinesiolóxicas e Biomecánicas do Movemento Humano e do Exercicio Código 620G01101
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Primeiro Formación básica 9
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Barral Lavandeira, Jose R.
Correo electrónico
j.r.barral@udc.es
Profesorado
Agrasar Cruz, Carlos Maria
Barral Lavandeira, Jose R.
Correo electrónico
carlos.agrasar@udc.es
j.r.barral@udc.es
Web
Descrición xeral É unha asignatura anual de 9 créditos ECTS que se imparte no primeiro curso do Grao. É unha asignatura de formación básica, que se fundamenta na Anatomía (estudio da forma e estrutura do corpo humano), a Cinesioloxía (estudo do movemento) e a Biomecánica, que según definición do DRAE é a "Ciencia que aplica las leyes de la mecánica a las estructuras y órganos de los seres vivos". A Anatomía e a Cinesioloxía son disciplinas moi antigas, e se considera a Aristóteles o pai da Cinesioloxía. O termo Biomecánica foi acuñado en 1887, mais non foi ata mediados do século pasado que empezou a ter uso e se popularizou moito nos últimos 25 anos. A asignatura divídese en dous grandes bloques: un de Anatomía e Cinesioloxía e o segundo, de Biomecánica. Os contidos de Anatomía e Cinesioloxía agrúpanse, á súa vez, en catro bloques temáticos: o primeiro, de aspectos xerais do aparato locomotor, e os outros tres do estudo da cabeza e tronco, do membro inferior e do membro superior. Os contidos de Biomecánica agrúpanse en cinco bloques temáticos: o primeiro se dedica ás conceptualizacións, istoria e desarrollo da biomecanica; o segundo á aplicación dos conceptos básicos da mecánica clásica ao movemento humano; o terceiro á biomecánica das estruturas e tecidos corporais; o cuarto ao estudo das habilidades motrices básicas e o último ao estudo dos métodos e ferramentas de investigación en biomecánica.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías