A materia se desenvolve en réximen de talleres, prácticas, e teoría. Trata de fixar os conceptos e coñecementos adquiridos polo alumno en materias anteriores do grado e entender os mecanismos necesarios para levar a cabo as operacións de intervención urbana e edificatoria en relación coa cidade existente a través dos instrumentos de planeamento adecuados. Plantease a premisa do análise do contexto, do entendimiento do tecido urbano, do territorio e da paisaxe como punto de partida fundamental no proceso proxectual. Es por isto que a materia é eminentemente práctica enfrentando o alumno coa resolución de casos concretos. A práctica da materia está vinculada fundamentalmente ao proxecto que os alumnos desenvolvan no traballo fin de máster e, previamente, no taller vencellado a asignatura proxectos avanzados, de maneira que sirva de apoio a realización daqueles aspectos urbanísticos relacionados co proxecto que o alumno esta desenvolvendo. Por isto é recomendable cursar (o ter cursadas previamente) as asignaturas do master relacionadas co taller de arquitectura. A teoría fai fincapé sobre os instrumentos e métodos de intervención urbanística, tratase de enfrentar ao alumno cos procesos de diseño, redacción e tramitación urbanística directamente vinculados coa práctica cotidiá do arquitecto. Neste senso, a materia supón un apoio ao TFM o enfrentar o alumno coas implicacións urbanas -tanto analíticas ou proxectuais como instrumentais- que cualquer proxecto de arquitectura conleva.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías