O obxectivo é desenvolver as habilidades propias do traballo nunha contorna profesional, exercitando as habilidades de comunicación necesarias para o traballo en equipo, a adaptación a contornas profesionais, a capacitación para formar parte dun equipo de traballo nas diferentes funcións que se lle asignen, así como as técnicas necesarias para o desenvolvemento dunha memoria sobre o traballo desenvolvido. É responsabilidade do propio alumno a procura da entidade na que desenvolver as prácticas.
Todo o anterior realizarase dentro do marco do Plan de Estudos do MURA e da normativa específica da UdC. Por requisitos normativos a realización das prácticas externas só poderá iniciarse tras superar o 25% dos créditos do Máster.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías