Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Patoloxía e Recuperación de Estruturas de Madeira Código 630567121
Titulación
Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica (Plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Enxeñaría Civil
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://http://investigacion.udc.es/gl/Research/Details/G000399
Descrición xeral A madeira é un dos materiais máis antigos que se utilizaron en construción e a súa aplicación foi intensa como estrutura, cerramento exterior e interior, como carpintería de armar, mobiliario, etc. A rehabilitación do patrimonio arquitectónico e a súa conservación, require a presenza dun profesional profundamente coñecedor dos aspectos diferenciadores da madeira como material estrutural fronte a outros materiais clásicos. O incorrecto deseño de estruturas de madeira en canto á disposición de elementos de protección #ante axentes agresivos foi un dos puntos crave na durabilidade do material e na aparición de numerosas patoloxías na arquitectura construída. Preténdese ao longo do desenvolvemento desta materia que o alumno comprenda a causalidade dos danos nas estruturas de madeira, sistematizando conceptos para conseguir a realización das tarefas de inspección e diagnostico, ao amparo das técnicas dispoñibles, avaliando a capacidade resistente da estrutura e que finalmente adquira as habilidades necesarias para desenvolver unha adecuada proposta de intervención. Os coñecementos adquiridos polo alumno ao cursar esta materia pretenden: .- Formar expertos de nivel avanzado cun profundo coñecemento da madeira como material estrutural. .- Comprender os factores condicionantes do deseño construtivo e a súa relación coa presenza de patoloxías nas construcións. .- Avaliar as tecnoloxías da madeira aplicables na rehabilitación do patrimonio construído. .- Analizar as posibilidades de realizar unha adecuada intervención en distintos campos de aplicación. .- Utilizar de forma correcta a lexislación vixente.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías