Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Coordinación
Antelo Tudela, Enrique
Correo electrónico
enrique.antelo@udc.es
Profesorado
Antelo Tudela, Enrique
Correo electrónico
enrique.antelo@udc.es
Web
Descrición xeral
Esta materia do Grao en Estudos de Arquitectura pretende que o estudante sexa capaz de concibir e proxectar edificios e/ou conxuntos urbanos, propoñendo sistemas construtivos sostibles e eficientes dende o punto de vista enerxético. Non só en obra nova senón tamén en proxectos de rehabilitación.
O atractivo da materia radica en que a aproximación a estas cuestións realizarase mediante a participación do alumnado en concursos internacionais de arquitectura para estudantes.
Este feito permite que o alumno se familiarice cunha práctica profesional moi habitual: a participación en concursos de proxectos.
Ademais, o feito de que os proxectos poidan realizarse en grupos de ata tres persoas achega ao estudante a outra realidade da profesión na que, cada vez máis, o traballo en grupo se ve necesario ante as esixencias e demandas cada vez maiores dos proxectos arquitectónicos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías